
Familia Martínez, o grupo valenciano de Embutidos Martínez, Platos Tradicionales, Cinco Tenedores e La Pila Food, investirá 95 millóns de euros máis ata 2030 para ampliar a súa capacidade en pratos preparados, segundo publicou Financial Food o 20 de outubro. O diñeiro súmase a un plan anterior de 150 millóns para 2025 e 2026, co que levanta en Buñol (Valencia) unha planta nova duns 17.000 m² dedicada só a asados. A primeira liña xa funciona e a segunda arrancará antes de que remate o ano. Co novo investimento montaranse por fases, entre 2027 e 2030, as catro que faltan ata chegar a seis, e a planta alcanzará 36.000 toneladas ao ano. O grupo facturou 533 millóns en 2025, un 11 % máis, e creará polo menos 100 empregos. O seu conselleiro delegado, Raúl Martín, resúmeo en «unha aposta clara pola especialización das nosas plantas».
Que significa para unha planta de envasado
Montar seis liñas en cinco anos non é o mesmo que montar seis á vez. Entre unha e outra hai meses de produción real, e esa produción ensina cousas que ningún proxecto prevé: onde se para a liña, que microparadas se repiten, que formato dá máis merma, que se rexeita no selado da bandexa ou na etiqueta. A primeira liña é, na práctica, o prototipo das cinco seguintes.
Para que esa aprendizaxe sirva hai que medila desde o primeiro día e da mesma forma en todas: OEE por quenda, cada parada coa súa causa e a súa duración, cada rexeitamento co seu motivo e, se se pode, coa súa foto. Con datos comparables, a liña 3 pídeselle ao provedor co que fallou na 1 xa corrixido: un sensor máis, unha mordaza distinta, un acceso para o cambio de formato que na primeira custaba media hora. Sen datos, cada liña nova repite os mesmos problemas e o arranque volve empezar de cero.
En pratos preparados en bandexa o punto crítico adoita estar ao final: selado, data, lote e etiqueta correcta en cada referencia, porque un erro aí acaba nunha retirada de produto. Revisar o 100 % das bandexas e gardar a imaxe de cada rexeitamento dá a trazabilidade e, á vez, o dato para mellorar. Explicámolo en OEE, paradas e mermas.
Claves para arrancar liñas por fases
- Mida a primeira liña desde o arranque, non cando xa estea estable: os primeiros meses son os que máis ensinan.
- Use os mesmos indicadores en todas as liñas (OEE, causas de parada, motivos de rexeitamento) para poder comparalas.
- Converta o aprendido en requisitos para a seguinte compra: cada parada repetida é unha especificación.
- Controle o final da liña ao 100 %: selado, data, lote e etiqueta, coa foto de cada rexeitamento.
- Repase os datos en cada fase antes de aprobar a seguinte liña, con produción e mantemento na mesma mesa.
Unha planta que crece por fases ten unha vantaxe que as demais non teñen: pode aprender antes de volver gastar. Se está a preparar algo parecido, falemos.
OK

