Consultoría organizativa
Quendas, cambios de formato, limpezas e responsabilidades: quen fai que, cando e con que información.
Inicio / Consultoría
Consultoría organizativa e técnica
Antes de mercar outra máquina, convén saber onde se perde o tempo. Facemos consultoría organizativa e técnica en todas as operacións: lemos os datos das súas máquinas, cruzámolos con como se traballa e convertémolos en decisións.
Dúas miradas
Como se traballa pesa tanto como a máquina. Por iso miramos as dúas cousas á vez.
Quendas, cambios de formato, limpezas e responsabilidades: quen fai que, cando e con que información.
Diagnóstico de liñas, colos de botella e microparadas: onde se frea a produción e por que.

Con datos
Lemos os datos das súas máquinas e convertémolos en números que calquera entende. Con eles, cada recomendación pódese comprobar despois.
E despois
Unha consultoría vale o que cambia na planta. Por iso non nos quedamos no informe.
Obxectivos medibles, seguimento semanal e axustes. Mellora continua →
Preparamos proxectos de dixitalización e buscamos as axudas públicas que encaixen.
Se fai falta automatizar ou inspeccionar, deseñámolo, programámolo e garantímolo nós.
Preguntas frecuentes
Quendas, cambios de formato, limpezas e responsabilidades. Como se traballa pesa tanto como a máquina, e a miúdo é onde está a marxe máis barata.
Diagnóstico de liñas, colos de botella e microparadas, cos datos das súas máquinas.
Non é o punto de partida. Antes de mercar outra máquina, medimos onde se perde o tempo cos medios que xa ten.
Non. Traballamos igual nunha peme dunha soa liña que nunha planta grande de varias.
Falemos da súa planta
Cóntenos que lle preocupa da súa operación. Propoñémoslle como medilo e por onde comezar.