Tapón, nivel e etiqueta
Tapón presente, recto e á súa altura; nivel de enchido dentro de tolerancia; etiqueta presente e ben colocada; codificación do colo lexible; base sen defectos.
Inicio / Visión artificial / Bebidas
Bebidas · Botella · Lata · Brik
Nunha liña de bebidas pasan miles de envases por hora. Un tapón torcido, unha botella con pouco líquido, unha lata amolgada ou un pack ao que lle falta unha unidade non se ven na mostra: vense se se mira cada envase. Con visión artificial comprobámolo todo á velocidade da liña, e o que non cumpre expúlsase coa súa foto.
Que comprobamos
Cada envase mírase desde onde se ve o seu fallo: desde arriba, de lado ou desde abaixo. Unha liña pode levar varias cámaras, cada unha coa súa receita.
Tapón presente, recto e á súa altura; nivel de enchido dentro de tolerancia; etiqueta presente e ben colocada; codificación do colo lexible; base sen defectos.
Latas amolgadas ou deformadas, anel presente e codificación do fondo lexible e correcta para o lote en curso.
Data e lote lexibles, tapón e palliña presentes, e selado inferior ben feito, tamén con deep learning cando o defecto varía.
Que a ningún pack de 6 lle falte unha unidade e que non se coe un envase doutro sabor ou referencia.
Cada sabor ten a súa receita: se se carga a que non corresponde ou pasa unha etiqueta doutro produto, a cámara detéctao.
En botellas transparentes ou translúcidas, medida do nivel de cada envase con iluminación a contraluz.
Segundo a bebida
Cada bebida ten o seu envase e a súa cadencia, e con eles os seus fallos típicos.
Tapón presente, recto e á súa altura, nivel de enchido a contraluz, etiqueta ben posta e codificación lexible, á velocidade das enchedoras máis rápidas da planta.
Data e lote, tapón e palliña presentes, selado inferior do brik e packs completos. A presenza de palliña e a lectura da codificación xa as facemos a 16.000 envases por hora.
Tapón ou cápsula presente, etiqueta e contraetiqueta da referencia en curso, codificación e nivel. En vidro escuro, o nivel estúdase caso a caso na proba de viabilidade.
Latas amolgadas ou deformadas, anel presente e codificación do fondo lexible e correcta para o lote. Na lata a cámara non ve o líquido: o nivel contrólase con outra tecnoloxía.
Cambios de sabor e formato
Nunha liña de bebidas cámbiase de sabor e de formato varias veces por semana. É xusto no cambio cando aparecen a etiqueta da referencia anterior, o tapón doutra cor ou a data do lote que xa rematou.
Cada sabor e cada formato teñen a súa receita, coa etiqueta, o tapón e a codificación que lles corresponden. O cambio é cargar outra receita, en segundos, e desde a primeira botella todo o que non coincide con ela expúlsase coa súa foto. Así un pack de laranxa non leva unha lata de limón, e o lote novo non sae coa data do anterior. Se quere ver como se comporta, no simulador de Sentinel PLUS pode cambiar de formato e provocar fallos. Cando hai tantas referencias que manter unha receita para cada unha non é viable, vexa como o resolvemos con unha soa receita nunha planta de zumes.

Velocidade real
Traballamos en liñas de ata 24.000 envases por hora: uns 150 ms por envase para capturar a imaxe, inspeccionalo e decidir. En instalacións reais comprobamos a presenza de palliña e lemos a codificación a 16.000 envases por hora, e a presenza de tapón, a medida do selado e unha codificación de tres liñas a 14.400.
Máis ca unha cámara
Con TIVOX Sentinel PLUS, o operario ve cada cámara en directo, os últimos rexeitamentos coa súa foto e os contadores de bos e malos. Con TIVOX Cockpit, o responsable de planta ve o OEE da liña e que máquina está a frear as demais. Pode probar os dous sen instalar nada.
Configure unha instalación de botellas, latas ou briks, provoque fallos e vexa como se rexeitan.
O OEE dunha liña de envasado, máquina a máquina, con datos simulados.
Como se comeza
Antes de instalar nada, sabemos se o seu defecto se pode detectar e con que fiabilidade.
Preguntas frecuentes
En botella: tapón, nivel de enchido, etiqueta, codificación e base. En lata: amolgaduras, anel e codificación. En brik: data e lote, tapón, palliña e selado. E en packs e fardos, que non falte ningunha unidade nin se coe outra referencia.
Hoxe traballamos en liñas de ata 24.000 envases por hora. A cadencia exacta depende das ferramentas de visión de cada inspección e confírmase na proba de viabilidade.
Si, en envases transparentes ou translúcidos, con iluminación a contraluz. En envases opacos (lata, brik) a cámara non ve o líquido; aí úsase outra tecnoloxía, como o control de peso ou os raios X, e indicámosllo no estudo.
As pingas na botella poden confundir unha inspección mal axustada. Téñense en conta na receita, coa iluminación e o ángulo da cámara, e próbanse con envases reais da súa liña antes de dar a inspección por boa.
Cada sabor e formato ten a súa receita, coa etiqueta, o tapón e a codificación que lle corresponden. Ao cargar a receita do produto novo, calquera envase que non coincida con ela expúlsase desde o primeiro.
Unha por cada punto de vista que faga falta: desde arriba para o tapón ou a data, de lado para o nivel e a etiqueta, desde abaixo para a base ou a codificación do fondo, e outra para os packs. Pódese comezar por unha e ampliar.
Facemos unha proba de viabilidade en remoto e sen custo: envíanos fotos, vídeos ou mostras dos seus envases bos e malos (se fai falta ir á planta, o desprazamento factúrase á parte). O que non se pode garantir, dicímosllo antes.
Proba de viabilidade en remoto, sen custo
Envíenos fotos, vídeos ou mostras dos seus envases. Dicímoslle que se pode comprobar en liña e a que velocidade.