Que fai
Conta cada agrupación antes de pechala
A cámara ve a caixa, a bandexa ou o fardo antes do peche ou do retractilado e conta as unidades. Se falta unha, ou sobra, a agrupación expúlsase e queda a foto da falla. Ademais rexístrase cando ocorre, para atopar a causa na agrupadora.
- Unidades por caixa, bandexa ou fardo
- Envases caídos, deitados ou fóra de sitio
- Foto de cada rexeitamento e reconto da quenda
- Informe de produción con paradas e series de rexeitamentos
- Aviso ao instante por correo, Telegram ou WhatsApp
Se ademais de contar hai que comprobar que vai dentro da caixa, vexa o caso das 8 cámaras antes do peche de caixas wrap-around: tipo de envase, tapón e código.