Que ten que detectar?
Unha data ilexible, un tapón torcido, un selado con produto atrapado, unha etiqueta doutra referencia. Canto máis concreto, mellor: o ideal é ter envases bos e malos reais.
Inicio / Visión artificial / Como escoller un sistema
Guía · Visión artificial industrial · Compra
Un sistema de visión artificial non se escolle pola cámara. Escóllese polo que ten que detectar, a que velocidade, en cantos formatos e que pasa con cada envase rexeitado. Nesta guía repasamos as preguntas que convén responder antes de pedir ofertas, as pezas dun sistema e como comparar propostas sen levar sorpresas na posta en marcha.
Antes de mirar cámaras
Con estas respostas, calquera provedor serio pode dicirlle se o seu caso é viable e que necesita. Sen elas, compárase ás cegas.
Unha data ilexible, un tapón torcido, un selado con produto atrapado, unha etiqueta doutra referencia. Canto máis concreto, mellor: o ideal é ter envases bos e malos reais.
Unha reclamación, unha retirada de lote ou un cliente perdido. E ao revés: canto custa tirar envases bos. As dúas cifras marcan canta esixencia necesita.
Envases por minuto ou hora, e como chegan: separados ou xuntos, en fila ou xirados. A velocidade decide a cámara, a iluminación e o expulsor.
Cada un terá a súa receita. Se cambia de formato varias veces por semana, o cambio ten que ser cargar outra receita, non chamar un técnico.
Xusto despois de onde nace o problema: tras a codificadora, a etiquetadora, a tapadora ou a seladora. E con sitio para a cámara, a luz e o expulsor.
Expulsalo sen parar a liña, gardar a súa foto e o seu motivo, e avisar alguén. Un sistema que detecta pero non expulsa nin rexistra queda a medias.

As pezas
Cando unha inspección falla, case nunca é pola cámara. Adoita ser a luz, a posición do envase, o limiar ou a receita. Por iso convén mirar o sistema enteiro:
Dúas decisións técnicas
Non hai unha resposta mellor para todo: depende do defecto e da liña.
A cámara intelixente procesa a imaxe dentro da propia cámara: é compacta, instálase en pouco sitio e cada punto de inspección é independente. Un sistema con PC centraliza varias cámaras e admite cálculos máis pesados. Para a maioría dos controis de envasado (data, tapón, etiqueta, código, selado), unha cámara intelixente por punto abonda.
A visión clásica mide e compara con regras: é rápida, estable e fácil de explicar, ideal para medidas e lecturas. O deep learning aprende de exemplos bos e malos e encaixa cando o defecto cambia dunha peza a outra (dobras, reflexos, produtos naturais). Moitas liñas usan as dúas.
O que se esquece ao comprar
Na proba todo funciona. As diferenzas entre sistemas aparecen co uso diario, os cambios de formato e a quenda de noite.
Como comparar ofertas
Dúas ofertas coa mesma cámara poden dar resultados moi distintos. O que as separa vese nunha proba co seu produto.
Se quere ver como se traballa cun sistema así, no simulador de TIVOX Sentinel PLUS pode configurar unha instalación, provocar fallos e ver a galería de rexeitamentos. E por sector: alimentación, bebidas e farmacia.
Preguntas frecuentes
Depende do número de puntos de inspección, do tipo de comprobación, da iluminación, do expulsor e da integración coa liña. O habitual é comezar polo punto que máis problemas dá, medir o resultado e ampliar despois. A cifra concreta dáse tras estudar o seu caso.
Si, é o máis habitual. A cámara móntase sobre a liña existente e comunícase con ela por sinais dixitais ou Modbus TCP; o expulsor actúa sobre o envase que non cumpre.
Para a maioría dos controis de envasado, unha cámara intelixente por punto de inspección é suficiente e máis sinxela de instalar. Un sistema con PC ten sentido cando hai moitas cámaras que coordinar ou cálculos moi pesados.
Depende do defecto, do envase e de como chega á cámara. Por iso a fiabilidade estímase cunha proba cos seus envases bos e malos, e o que non se pode garantir dise antes de asinar.
Cando o defecto ou o produto cambian de forma natural dunha peza a outra e é difícil describilos con regras fixas. Para medidas, presenzas e lecturas claras, as ferramentas clásicas adoitan ser máis rápidas e fáciles de axustar.
Si. Facemos unha proba de viabilidade en remoto e sen custo: envíanos fotos, vídeos ou mostras dos seus envases bos e malos (se fai falta ir á planta, o desprazamento factúrase á parte) e dicímoslle que se pode comprobar en liña.
Proba de viabilidade en remoto, sen custo
Envíenos fotos, vídeos ou mostras dos seus envases bos e malos. Dicímoslle que se pode comprobar, con que fiabilidade esperable e o que non se pode garantir.