Inicio / Proxectos / Código e tapón en botellas

Caso de éxito · Lácteos · Botella

Botellas sen código: das reclamacións á lectura de cada envase

Nunha planta láctea chegaban reclamacións por botellas sen código. O sistema que tiñan só miraba se había algo impreso ou non. Tras varios meses de probas na liña, substituímolo por tres ferramentas que len o código, comproban o tapón e miden como está colocado.

Reclamacións por ausencia de código
Resoltas
Ferramentas por botella
3
Tapón
Deep learning

O punto de partida

Ver que hai algo impreso non abonda

Unha inspección de presenza ou ausencia dá por bo un código borroso, incompleto ou a medias. As botellas saían, e o problema aparecía no cliente.

Por iso non se trataba de axustar o sistema anterior, senón de cambiar o que se comproba. Probamos na propia liña, durante varios meses, ata dar coa combinación de ferramentas que resolvía o problema.

Liña de botellas con inspección por visión artificial

A solución

Tres ferramentas en cada botella

  • OCR do código, con rexistro. Lese o que leva impreso cada botella e queda rexistrado; se non se le, a botella sae da liña.
  • Presenza do tapón por deep learning. Aprende de exemplos de botellas boas e malas.
  • Ángulo de colocación do tapón. Detecta as desviacións do taponado antes de que provoquen perdas de produto por un tapón mal posto.

O resultado

Cada botella, co seu código lido e o seu tapón ben posto

As reclamacións por ausencia de código resolvéronse, e a medida do ángulo do tapón avisa das desviacións da taponadora antes de que se perda produto.

Máis sobre os controis: data e lote, tapóns e peches e deep learning na inspección.

Proba de viabilidade en remoto, sen custo

Sae cada botella co seu código?

Envíenos fotos ou vídeos das súas botellas boas e malas. Dicímoslle que se pode comprobar en liña.